Inicio Autor Arquivos O máis visto Etiquetas Campañas        

sexta-feira, 6 de julho de 2007

Acceso á universidade


Bueno, afortunadamente eu aprovei a selectividade en xuño, non como o amigo Borja Mari da imaxe, e cunhas notas aceptábeis... aínda que podían ser mellores e tampoucó pasaría nada, pero é o que hai...

Sinxelamente quería reflexar con está imaxe a incertidume que sinto ao pensar que estou no fío da navalla e que a pouco que suba a nota de corte do ano pasado quedo fóra de Arquitectura e teño que marchar (se entro fóra, claro... senón non quero nin pensalo) a estudar por España adiante...

Pero bueno, xa nos imos afacendo... o asunto resolvérase o martes 17, a ver se hai sorte... ogallá si, senón pois tomaremos rumbo a Donosti ou a algunha facultade de Catalunya: Barcelona, San Cugat, Girona, Reus... malo será que non me queiran en ningunha delas.

A ver se hai sorte, dende aquí deséxolle o mellor a todos aqueles que viven o mesmo ca min.

Etiquetas: ,

domingo, 1 de julho de 2007

Rebaixas


Bueno señores, pois iso, que hoxe comeza a tolemia das rebaixas a ver canto dura o diñeiro no peto e a tarxeta de crédito enteira...

Eu persoalmente teño moita gana de mercar algunha camiseta (de fútbol, como non) que a última xa a merquei en Alemaña a principios de outubro... pero entre que non teño decidido cal e que as de Fútgol as teño case todas pois estou mirando a ver se finalmente marcho a Barcelona para mercala alí que supoño terei máis onde escoller...

Pois iso, que de momento eu non penso participar desta febre consumista, así que desfrutadea por min e tal...

Etiquetas: ,

segunda-feira, 25 de junho de 2007

Número pi


Bueno chicos e chicas, como lle tiña prometido a Laüry, hoxe vouvos esbardallar sobre o número pi e sobre todas as súas peculiaridades, pois non é un número calquera, senón que é o número Deus que ten relixión, ten unha data e ten de todo. Vexamos pois:

O noso protagonista, pi; ademais de trascendente (dicimos que son trascendentes aqueles números reais que non son raíz de ningún polinomio) parece ser que é normal, o que quere dicir que na súa expansión decimal, os dez díxitos aparecen con igual frecuencia. Isto é unha conxetura pendente de demostrar, máis non é cuestión sinxela. Sen embargo, o número de decimais coñecido amosa que a truncación de pi a eses decimais é normal. Sería unha verdadeira sorpresa a demostración futura da non normalidade de pi.

Pois ben; toda esta introdución vén a propósito da existencia de mensaxes no interior de pi. Que se saiba, a popularización desta idea vén da novela CONTACT, de Carl Sagan, pasada ao cine con relativo éxito coa cara amable de Jodie Foster. Actualmente existe xente buscando mensaxes extraterrestres no interior de pi, ou incluso mensaxes de Deus. O curioso é que estes mensaxes realmente existen dentro de pi. Explicareivos como:

Admitamos a conxetura da normalidade de pi. A infinita sucesión de díxitos da expansión decimal é aleatoria, no sentido de que ten as mesmas propiedades que unha sucesión conseguida ao azar. Imaxinemos que estamos buscando unha secuencia concreta de N díxitos en pi. Tomada unha secuencia calquera de N dígitos, a probabilidade de que coincida coa que buscamos é dunha entre 10 elevado a N. Probabilidade pequena para N grande, pero sempre maior que 0, polo tanto, chega a producirse se se efectúan suficientes probas. Así é que podemos asegurar que tal secuencia existe realmente nalgún sitio dentro de pi, o extraordinario sería que non existise, supoñendo a normalidade de pi.

Así pois, a codificación completa de "" en estéreo e tsuahiri (ou como se escriba iso) está dentro de pi, e por se fora pouco, está infinitas veces, incluso con finales espúreos nos que os protagonistas quedan xuntos. Tamén está o número da lotería da semana que vén, a historia universal do século XXII, e este mesmo artigo que estou escribindo agora (e o que penso escribir mañá, así que vou pensarme seriamente se escribilo ou sinxelamente darvos a súa posición en pi e xa o descifraredes vós se tendes interese). Así como todas as historias, novelas e poemas producidos pola humanidade, que non son senón secuencias de N díxitos nalgún código.

O gran Kolmogorov postulou como definición de complexidade dun obxecto matemático a lonxitude do mínimo algoritmo necesario para producilo. Pi pode xerarse con programas moi cortiños, logo encerra moi pouca complexidade, e ,polo tanto, pouca información. ¿Como podemos conxugar ambas visións tan contrapostas en apariencia?

Ocórreseme unha forma moi sinxela de velo. O outro día atopei un arquivo co primeiro millón de cifras decimais de pi. Busquei no seu interior o meu número de teléfono (sen prefixo) [empregando Edición/buscar co word de Microsoft a ver se pensades que fun cifra por cifra... que aí cada un por aí que foi o que pensou], e ¡alí estaba!

Podo dar o meu teléfono de dúas formas: comunicando as seis cifras do mesmo, ou dicindo o posto do primeiro díxito do mesmo no desenvolvemento de pi. Pero para ambas cousas preciso o mesmo número de cifras, posto que atopei o meu teléfono da metade cara adiante do primeiro millón de díxitos (é dicir, pasado o número 500.000), logo non aforro información. A codificación da película mencionada máis arriba comezará nun posto tal que necesitarei aproximadamente a mesma cantidade de díxitos para dicirlo que para ter a película codificada por outro medio. Agora é máis fácil comprender que pi non conteña moita información, pois ao estar TODO en pi, non hai nada en pi (que ergan a man aquelas persoas capaces de comprender esta paradoxa, os que non poden deixar de ler...).

O preocupante é que algún día alguén atopará o posto no que comeza algunha codificación da frase “Eu son o camiño, a verdade e a vida” en hebreo, e entón, a ver quen é o guapo que convence á xente que nós xa sabíamos que esa frase estaba dentro de pi, pero que non significa nada.

Decididamente, pi é fascinante, pero non é na posible existencia de mensaxes ocultos onde reside a fascinación.

Gustaríame destacar tamén que se lle adica un día ao ano, o 14 de marzo (03-14, en mm-dd), no que moitos matemáticos se reúnen para debatir sobre cuestións relativas a tan importante cifra. Ademais, tamén é o aniversario de Einstein... ¿casualidade?

Dicir tamén que é de transcendencia mundial e que chega a todos os ámbitos, e proba diso é a súa aparición nunha canción de Kate Bush titulad Pi, na que se recitan os 20 primeiros decimais; na aparición da película do director Darren Aronofsky titulada Pi, na que un matemático pensa que o universo se representa por números; na novela Contact de Carl Sagan (citada anteriormente), na que que se considera que pi contén a esencia do universo; e pola súa aparición en diversas series como os Simpson, Futurama, etc. ¡Ata aparece na Biblia (Reis I, 7,23) unha das primeiras aproximacións coñecidas!

Incluso o xaponés Akira Haraguchi bateu o seu propio record o 4 de outubro de 2006, ás 1:30 da madrugada, e tras 16:30 horas, recitando 100.000 díxitos do número pi, realizando unha parada cada dúas horas de 10 minutos para tomar aire.

Con isto quero que tomedes conciencia da relevancia que ten este número, e que non vos estrañe saber que ata ten unha relixión.

Etiquetas:

terça-feira, 19 de junho de 2007

Loito polo Fary


Trala desgraciada noticia do falecemento de José Luis Cantero, El Fary, gustaríame adicarlle un humilde homenaxe dedicando esta entrada á súa memoria. Debo dicir que me sorprendeu tanto o fatal acontecemento que, ao enterarme por terceiras persoas, non mo puiden crer ata que o vin cos meus propios ollos na televisión.

O Fary é un dos cantantes máis carismáticos da música española recente, tamén coñecido polos seus papeis na pequena pantalla (Menudo es mi padre) e a súa intervención na comedia de Santiago Segura Torrente, compoñendo especialmente para o primeiro título, Torrente: El brazo tonto de la ley, a famosa canción de Apatrullando la ciudad (debo recoñecer que non son aficionado á súa música, pero esta canción confeso que me gusta) e interpretándose a si mesmo en Torrente 3: El Protector.

"Apatrullando la ciudad"

Por las noches con su coche,
vigilando sin cesar,
va tu amigo el policía,
policía nacional,
los peligros que le acechan,
el los debe de apuntar,
pues adquiere un compromiso
con toda la sociedad.

Apatrullando la ciudad
Apatrullando la ciudad
Por la noche la con su coche
Apatrulla la ciudad (bis)

Delincuencia y gamberrismo,
violencia y drogadicción.
Con entrega y energía
él será la salvación,
Lo mismo rescata a un perro
de morir atropellado,
Que evita que den un golpe
en el Vizcaya-Bilbao,
A las madres de la droga
el ofrece su consuelo.
Y persigue al traficante
que tiene el corazón negro,
Siempre alerta, siempre atento,
siempre buscando la paz,
Vaya disgusto se lleva
si debe desenfundar.

Apatrullando la ciudad
Apatrullando la ciudad
Por la noche la con su coche
Apatrulla la ciudad (2 bis)

Apatrullando, delincuentes ir temblando,
que viene, que viene apatrullando.

Apatrullando la ciudad
Apatrullando la ciudad
Por la noche la con su coche
Apatrulla la ciudad (2 bis)


O dito, que descanse en paz e Deus o teña na súa gloria.

Sen máis...

Etiquetas: ,

sexta-feira, 15 de junho de 2007

Palencia

Bueno, tras tanto tempo sen actualizar gustaríame volver pola miña xeira e gustaríame facelo lembrando a miña curta pero intensa estancia en Palencia o pasado 2 de xuño, con motivo do encontro de zona de grupos cristiáns.

Dicir que o pasei moi ben e que me fixo moita ilusión vervos a todos, especialmente a María, a Inclán (a ti espero que che faga ilusión, se les isto, ver que falo da túa terra, aínda que sexa no meu idioma...), a Pelayo, etc. Realmente é unha mágoa que non teñamos encontro de Bujedo este verán para vernos de novo, pero bueno, así a próxima vez teremos máis que contar...

Foron míticas as partidas ao jilipollas pola noite (aínda que lles correspondese un enfado de Moncho, serán recordadas moito tempo), o mus ao día seguinte e o Muérdago! de Micho, as discusións nacionalistas con Inclán, e desilusión que me levei cando María confesou que perdo a pulseira que tanto me suplicou no verán que lle dese (a próxima vez esquécete que non che dou nada!)...

Bueno, para iso e moito máis deu un día e 8 horas de viaxe...

Sen máis...

Etiquetas: ,

quarta-feira, 21 de fevereiro de 2007

En busca de la felicidad



Bueno, desta vez en lugar de pór unha imaxe poño un video, que para o caso é o mesmo. Trátase do trailer da película co mesmo título que esta entrada, "En busca de la felicidad", que fun ver hoxe ao cine con Paula, e que me gustou moitíííííííísimo, recoméndovola a todos se aínda non a vichedes.

Especialmente destacaría a parte que aparece ao final do trailer, cando o rapaz está xogando ao baloncesto, polo que di o guión máis que nada:

- Nunca dejes que nadie te diga que no puedes hacer algo, ni siquiera yo, ¿vale?

- Vale.

- Si tienes un sueño tienes que protegerlo. Las personas que son capaces de hacer algo te dirán que tú tampoco puedes. Si quieres algo ve por ello, y punto.
Ademais quero aproveitar a ocasión para reiterar o meu agradecemento a Paula, porque foi a única que veu comigo (aínda que xogara o Barça), xa que senón quedaría sen ver a película porque só non ía a ir. Pois iso, moitas gracias chica por portarte tan ben comigo, xa non sei como agradecerche todo o que fas por min...
Sen máis...

Etiquetas: ,