Acceso á universidade
Bueno, afortunadamente eu aprovei a selectividade en xuño, non como o amigo Borja Mari da imaxe, e cunhas notas aceptábeis... aínda que podían ser mellores e tampoucó pasaría nada, pero é o que hai...
Sinxelamente quería reflexar con está imaxe a incertidume que sinto ao pensar que estou no fío da navalla e que a pouco que suba a nota de corte do ano pasado quedo fóra de Arquitectura e teño que marchar (se entro fóra, claro... senón non quero nin pensalo) a estudar por España adiante...
Pero bueno, xa nos imos afacendo... o asunto resolvérase o martes 17, a ver se hai sorte... ogallá si, senón pois tomaremos rumbo a Donosti ou a algunha facultade de Catalunya: Barcelona, San Cugat, Girona, Reus... malo será que non me queiran en ningunha delas.
A ver se hai sorte, dende aquí deséxolle o mellor a todos aqueles que viven o mesmo ca min.
domingo, 1 de julho de 2007
Rebaixas
Bueno señores, pois iso, que hoxe comeza a tolemia das rebaixas a ver canto dura o diñeiro no peto e a tarxeta de crédito enteira...
Eu persoalmente teño moita gana de mercar algunha camiseta (de fútbol, como non) que a última xa a merquei en Alemaña a principios de outubro... pero entre que non teño decidido cal e que as de Fútgol as teño case todas pois estou mirando a ver se finalmente marcho a Barcelona para mercala alí que supoño terei máis onde escoller...
Pois iso, que de momento eu non penso participar desta febre consumista, así que desfrutadea por min e tal...