Inicio Autor Arquivos O máis visto Etiquetas Campañas        

quarta-feira, 21 de fevereiro de 2007

En busca de la felicidad



Bueno, desta vez en lugar de pór unha imaxe poño un video, que para o caso é o mesmo. Trátase do trailer da película co mesmo título que esta entrada, "En busca de la felicidad", que fun ver hoxe ao cine con Paula, e que me gustou moitíííííííísimo, recoméndovola a todos se aínda non a vichedes.

Especialmente destacaría a parte que aparece ao final do trailer, cando o rapaz está xogando ao baloncesto, polo que di o guión máis que nada:

- Nunca dejes que nadie te diga que no puedes hacer algo, ni siquiera yo, ¿vale?

- Vale.

- Si tienes un sueño tienes que protegerlo. Las personas que son capaces de hacer algo te dirán que tú tampoco puedes. Si quieres algo ve por ello, y punto.
Ademais quero aproveitar a ocasión para reiterar o meu agradecemento a Paula, porque foi a única que veu comigo (aínda que xogara o Barça), xa que senón quedaría sen ver a película porque só non ía a ir. Pois iso, moitas gracias chica por portarte tan ben comigo, xa non sei como agradecerche todo o que fas por min...
Sen máis...

Etiquetas: ,

domingo, 18 de fevereiro de 2007

Braga




Bueno chicos, aquí vos poño algunha imaxe de Braga, de onde estiven esta fin de semana e o pasei mooooooi ben con Micho, Alvinha, Moncho, Javi. Xogamos un montón ao futbolín e vagamos pola cidade.

A primeira foto representa o Bom Jesus, que para os que non o coñezan está despois de milleiros de escaleiras que, aínda que nos levaron ata arriba en autobus, logo tivemos que baixar... e dende alí arriba obtense a fermosa panorámica da foto de embaixo, que deu moito que falar, xa que debatimos sobre o número de habitantes da devandita cidade, que calculamos non superior aos 300.000, cando a nosa sorpresa foi que é a terceira cidade de Portugal, con case 800.000... que tristeza, porque case parecía moito máis pequeno...

E isto foi todo meus, moi chaaachi.

Sen máis...

Etiquetas: ,

quarta-feira, 14 de fevereiro de 2007

San Valentín


Bueno, como todos saberedes hoxe é San Valentín e, como é costume, dá medo saír á rúa pola invasión de corazóns e cantidade de parellas que desbordan felicidade... o normal nestas datas.

Pero agora xorde o debate, ¿é necesario un día para amosar o teu amor? Cada quen que responda, pero eu, dende a miña profunda ignorancia ao respecto, preguntaríame que fan cos 364 (ou 365) días restantes do ano. Non sei, a min polo menos gustariame pensar que o amor non se merca senón que se demostra, e, polo tanto, debe celebrarse durante todo o ano.

O que semella e que isto é un conto capitalista para incrementar o noso consumismo cunha boa excusa mais sen moito sentido...

E isto por non dicir que me parece discriminatorio (e nisto estará moita xente dacordo) porque o que o poden celebrar xa teñen dabondo co que teñen e aos que non poden non lles resulta moi agradable que llo pasen por diante do nariz... aínda que bueno, isto é propio da sociedade, e chamaredesme tolo pero tamén considero discrimantorio o día do pai e da nai para os orfos e non escoitei xamais ningunha protesta, a diferenza é que neste caso é que cada un mira polos seus intereses e neste caso, como hai máis afectados ten máis peso a reivindicación.

Sen máis

Etiquetas: ,

sábado, 10 de fevereiro de 2007

Chilena


Explicareivos que puxen esta foto basicamente porque hoxe no partido contra o Garabal (que desafortunadamente empatamos 3-3) tentei facer unha chilena, e aínda que nin sequera toquei a pelota, síntome orgulloso por iso, dado que (como ben sabía algún) quería facer unha, pero dando por feito que sería imposible e que quedaría nunha fantasía máis... Que o sigue sendo, pero vin que estivo preto de cumprirse e xa non o considero imposible, algo que me fixo ilusión comprobar, aínda que a aterrizaxe fose un pouco brusca...

Sen máis...

Etiquetas: ,

quinta-feira, 8 de fevereiro de 2007

kaka's flog

Benvidos homiños de Deus ao meu flog, observades que é bastante pirata, pero en canto teña tempo irei dándolle xeito... é que os de fotolog non me gustan nada porque non che deixan subir máis dunha foto ao día e iso, queiras que non, acaba facendo que o esqueza. E ademais non permite editalo ao teu aire, así que ala, o meu é isto que vedes, aínda que de momento só é o feto do que chegará a ser...

Sen máis...

Etiquetas: