Inicio Autor Arquivos O máis visto Etiquetas Campañas        

quarta-feira, 14 de fevereiro de 2007

San Valentín


Bueno, como todos saberedes hoxe é San Valentín e, como é costume, dá medo saír á rúa pola invasión de corazóns e cantidade de parellas que desbordan felicidade... o normal nestas datas.

Pero agora xorde o debate, ¿é necesario un día para amosar o teu amor? Cada quen que responda, pero eu, dende a miña profunda ignorancia ao respecto, preguntaríame que fan cos 364 (ou 365) días restantes do ano. Non sei, a min polo menos gustariame pensar que o amor non se merca senón que se demostra, e, polo tanto, debe celebrarse durante todo o ano.

O que semella e que isto é un conto capitalista para incrementar o noso consumismo cunha boa excusa mais sen moito sentido...

E isto por non dicir que me parece discriminatorio (e nisto estará moita xente dacordo) porque o que o poden celebrar xa teñen dabondo co que teñen e aos que non poden non lles resulta moi agradable que llo pasen por diante do nariz... aínda que bueno, isto é propio da sociedade, e chamaredesme tolo pero tamén considero discrimantorio o día do pai e da nai para os orfos e non escoitei xamais ningunha protesta, a diferenza é que neste caso é que cada un mira polos seus intereses e neste caso, como hai máis afectados ten máis peso a reivindicación.

Sen máis

Etiquetas: ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial