Inicio Autor Arquivos O máis visto Etiquetas Campañas        

sexta-feira, 6 de julho de 2007

Acceso á universidade


Bueno, afortunadamente eu aprovei a selectividade en xuño, non como o amigo Borja Mari da imaxe, e cunhas notas aceptábeis... aínda que podían ser mellores e tampoucó pasaría nada, pero é o que hai...

Sinxelamente quería reflexar con está imaxe a incertidume que sinto ao pensar que estou no fío da navalla e que a pouco que suba a nota de corte do ano pasado quedo fóra de Arquitectura e teño que marchar (se entro fóra, claro... senón non quero nin pensalo) a estudar por España adiante...

Pero bueno, xa nos imos afacendo... o asunto resolvérase o martes 17, a ver se hai sorte... ogallá si, senón pois tomaremos rumbo a Donosti ou a algunha facultade de Catalunya: Barcelona, San Cugat, Girona, Reus... malo será que non me queiran en ningunha delas.

A ver se hai sorte, dende aquí deséxolle o mellor a todos aqueles que viven o mesmo ca min.

Etiquetas: ,

1 Comentários:

Blogger Princesa_DeAquelViejoReinoPerdido disse...

xD
Moi bo o chiste. A min aínda me queda para a selectividade, pero de momento non teño ningún problema nese campo. Mais ben o contrario. Digamos que no verán estudian solo dous tipos de pringados moi diferentes: os que quedaron para septiembre e os que, polo contrario, sacaron un expediente tan brillante que quedaron nominados ós examenes dos "premios de excelencia académica". Que me maten pero a veces preferiría levar todo cincos e ata renunciar ós 3000 euros do premio por poder ter un verán rascando a barriga, XD.
Moi interesante blog, seguireime pasando.

29 de junho de 2008 às 11:58  

Publicar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial